San Cristóbal de Valdueza

Pobo de montaña que atoparemos na nosa subida cara ao Puerto del Morredero. Situado nunha chaira, ofrécenos unha vista xeral do contorno, cos montes Aquilianos ás súas costas e a cidade de Ponferrada á fronte. Na entrada do pobo é visible o seu Teixo milenario catalogado como árbo monumental.